Durante o Ares Indiano, quizais desexes navegar pola ría acompañado/a da brisa mariñeira, percorrer as parroquias nun autobús histórico ou mesmo sumarte a algúns dos obradoiros tematizados… Sexa como for, a partir do luns, 12 de agosto, ás 9:00 horas, abrirá o prazo de inscricións nestes servizos para que formalices a túa reserva previa!
ROTEIROS EN AUTOBÚS E BARCO
Ollar dun xeito distinto o océano, lembrándoo coma o símbolo que separaba aos indianos aresáns da súa vila, será posible a través dos roteiros a bordo do barco municipal M. Presas. E tamén se poderá observar o diverso patrimonio arquitectónico de Ares, directamente vencellado coas formas e deseños alén do mar, no autobús histórico que se habilita durante todo o evento.
Se estás interesado/a, reserva a túa praza presencialmente na Oficina de Turismo no seu horario cotián de apertura: de luns a venres, de 10:00 a 13:00 h, e de 17:00 a 20:00 h., ou os sábados, domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h. na franxa de tarde.
Tamén haberá a posibilidade de tramitar a reserva durante a fin de semana no que se celebra o Ares Indiano no stand municipal habilitado na Avda. Saavedra Meneses, de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 21:00 h.
OBRADOIROS TEMATIZADOS
Todos os obradoiros dispoñibles na oferta que se organizan durante a celebración do evento precisarán de inscrición previa vía telemática, no apartado xa habilitado na web institucional, www.concellodeares.gal.
Obradoiro de customización de complementos indianos
O martes, 13 e mércores, 14 de agosto, na tenda aluguer de roupa indiana (Av. Saavedra Meneses, 16), para adultos baixo un prezo de 6 euros (inclúe material para a customización).
Obradoiro de creación de maracas
Sábado, 17 de agosto, en dúas quendas (grupo I e grupo II), para nenos/as de 4 a 12 anos na Alianza Aresana baixo un prezo de 3 euros.
Búsqueda de tesouro indiano
O sábado, 17, e domingo, 18 de agosto, na Alianza Aresana (sábado) e na Agrupación Instrutiva de Caamouco (domingo) para nenos/as de 4 a 12 anos baixo un prezo de 3 euros.
Obradoiro de pintura caribeña – Taller Mukina
O domingo, 18 de agosto, na Alianza Aresana, para nenos/as de 4 a 13 anos baixo un prezo de 3 euros.
Obradoiro de elaboración de cadros caribeños
O domingo, 18 de agosto, en dúas quendas (grupo I e grupo II) para nenos/as de 4 a 12 anos baixo un prezo de 3 euros.
Accede aos enlaces de inscrición na seguinte ligazón: https://concellodeares.com/inscricion-obradoiros-ares-indiano-2024/