A vila tinguirase de azul pola XVII Bandeira Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

O domingo, 11 de agosto, veciñanza e afeccionados poderán ver o desempeño da tripulación local do Club de Remo, un evento deportivo para que todo o municipio goce e se ilusione coa tempada da Santa Olalla de Lubre.

A concelleira de Deportes, Alma Barrón, o presidente da Liga Galega de Traiñeiras, Javier Rodríguez, e representantes do Club de Remo de Ares presentaron hoxe mesmo no paseo marítimo a próxima cita deportiva que recalará na localidade: a XVII Bandeira Concello de Ares, un encontro ineludible para os seareiros do remo e do equipo local.

Toda a vila remará da man o próximo 11 de agosto, ás 17:00 horas, dende a contorna do Porto nesta proba inscrita dentro da Liga LGT que, sobre todo, ilusiona. Porque a tripulación aresá colleita unha marea de bos resultados con moita xente da casa e deixando patente, regata tras regata, a capacitación e talento dos seus remeiros.

No marco do acto desta mañá, Alma Barrón alentou á veciñanza a “volcarse coa Santa Olalla e tinguir o municipio de azul, porque ese é o mellor xeito de recoñecer o traballo do Club de Remo, que segue amosando o seu sentido do esforzo e da humildade”. Barrón tamén puxo a mirada na canteira de remeiras e remeiros, enfatizando “que a bravura xabrenta está tamén no futuro, e esa é unha das mellores novas”.

Pola súa banda, o presidente do Club de Remo Germán Sánchez, que tamén asistiu á convocatoria de presentación da bandeira, salientou a alta presenza de xente de Ares na traineira, con “catro cativos que subiron novos e que son exemplo da calidade da nosa canteira”. E deixa un espazo para adicarlle palabras aos veciños e veciñas do municipio: “á veciñanza só se lle pode dar as grazas, porque está totalmente volcada co remo. Son o primeiro en saber que o domingo en Ares non se colle, e aí só se pode sentir orgullo”.

De feito, celebrar o remo seguirá sendo, bandeira tras bandeira, un motivo para que os e as aresáns salten á rúa e gocen do presente e futuro da Santa Olalla.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña