Ares mostra os seus atractivos turísticos en Equiocio 2024

Comparte esta nota de prensa

Un ano máis, a nosa localidade atópase representada en Equiocio, unha das principais citas deportivas arredor da hípica organizado en Ferrol, anais dun dos eventos chave á hora de divulgar a riqueza patrimonial e paisaxística da comarca pola gran afluencia de persoas que recibe.

Por iso mesmo, a Concellaría de Turismo dirixida por Lucía Blanco incorporou un stand propio que estará operativo durante toda esta fin de semana do 2 ao 4 de agosto, co foco en atender a todo aquel que desexe afondar nas bondades de Ares: o seu pasado indiano, de incrible valor histórico, social e cultural, a súa natureza, ao descuberto nas praias ou a través das rutas de sendeirismo municipais, ou os servizos turísticos habilitados neste verán, cos percorridos a bordo do M. Presas e as visitas ao Mosteiro de Santa Catalina en primeira plana.

Un escaparate idóneo para descubrir unha nova forma de ollar Ares, consolidando así o posicionamento do municipio dentro do eido turístico e servíndose da popularidade social e deportiva do evento hípico.

Pódeche interesar