Ares, en solidariedade co pobo saharaui dentro de ‘Vacacións en Paz 2024’

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, recepcionou onte a Rabab Said Mohamed, a nena saharaui procedente de Tinduf (Alxeria) que pasará os meses de verán na nosa vila acollida nunha familia da contorna, evitando así as altas temperaturas do deserto e promovendo unha mellora do seu benestar xeral.

En colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui (SOGAPS) no marco de ‘Vacacións en Paz’, Rabab estará connosco até setembro explorando o contexto social e cultural de Ares, achegándose tamén ás opcións de lecer que brinda a localidade.

Boa estancia, Rabab!

Pódeche interesar