Nunha paella de 1,90 metros de diámetro, a veciñanza puido ver como pouco a pouco cobraban cor as preto de 600 racións da 1ª Festa do Arróz con Garrafón, organizada conxuntamente entre o Concello e a Comisión de Festas do Mar.
O Parque Rosalía de Castro foi o escenario deste novo evento gastronómico en Ares que homenaxea ao falecido Ramón Rey, alcumado ‘Garrafón’, un persoeiro do municipio que vociferaba unha frase emblemática, ancorada na memoria colectiva aresá: ‘Por terra, mar e aire e por debaixo do auga!’
O especialista paelleiro José Aira encargouse de facer realidade este arroz con polo, langostinos, mexilón, pota e unha tipoloxía de faba característica do sur de España, o garrafón. E alí estivo tamén Alma Barrón, concelleira de Cultura, en representación do Concello.