Móvete VeraneAres: zumba e bailes latinos de balde e ao aire libre

Comparte esta nota de prensa

Se estás interesado en facer deporte ao aire libre, amais de bailar ao compás de ritmos alén do mar, bota unha ollada a esta información.

O Concello organiza durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de agosto sesións gratuítas de zumba e bailes latinos na Praza da Constitución de Ares, actividades sen límite de prazas e sempre cun monitor guiándoas.

  • BAILES LATINOS: todos os MARTES de 20:30 h. a 21:30 horas.
  • ZUMBA: todos os XOVES de 20:30 h. a 21:30 horas.

As inscricións son sempre por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade, ben presencialmente na Alianza Aresana, ben por vía telefónica no 981 448 057.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.