Ares organizará o seu XIII Mercadillo Veciñal de segunda man e artesanía

Comparte esta nota de prensa

O domingo, 7 de xullo, durante todo o día o paseo marítimo do municipio contará con stands para mercar e vender produtos de todo tipo, dende libros, bisuerías á obxectos de coleccionismo ou artesanía galega.

O Concello abrirá as inscricións para solicitar os postos en dúas quendas, habilitándose primeiro o 27 e 28 de xuño para empadroados/as e, a partir do 1 de xullo ás 10:00 horas, o resto de solicitantes, ata esgotar as prazas dispoñibles.

O custo de cada posto será de 8 euros para os particulares e 10 euros profesionais, cun máximo de 1 stand / persoas, e será necesario cubrir unha solicitude a entregar na biblioteca municipal de Ares.

A Concellaría de Cultura vén de desvelar as bases que rexerán o XIII Mercadillo Veciñal de Segunda Man e Artesanía en Ares, un evento que se producirá de 9:00 h. a 21:00 horas na xornada do 7 de xullo e que permite encher o paseo marítimo da localidade de postos para vender, intercambiar ou mercar produtos.

No mercadillo, xa consolidado na oferta estival da localidade, tanto veciñanza como profesionais porán á venda unha ampla variedade de artesanías, libros, roupa, calzado, bixuterías, obxectos de coleccionismo, películas, series e outros artigos de interese.

Para participar, é necesario formalizar a solicitude durante as quendas de inscrición que se habilitarán. Por unha banda, o 27 e 28 de xuño poderán facelo os empadroados/as e, a partir do 1 de xullo, os non-empadroados até esgotar a totalidade dos 120 postos dispoñibles.

Cada stand terá un custe de 8 euros para particulares e 10 euros para profesionais, cunha extensión de 3 metros lineais, sendo os adxudicatarios os responsables de levar todo o necesario para montar os postos.

As solicitudes deben realizarse fisicamente na biblioteca municipal de Ares, presentando a documentación de reserva de posto e pagando o impacto exacto do mesmo. Para ampliar información ou resolver dúbidas, habilitouse o número de teléfono 981 448 057.

Axúntanse os formularios para realizar as solicitudes do mercadillo:

SOLICITUDES ASOCIACIÓNS MERCADILLO 2024

SOLICITUDES PARTIC.MERCADILLO 2024

MODELO AUTORIZACIÓN MERCADILLO

Pódeche interesar