O Casino Aresano acolleu na tarde de onte a celebración do peche dos obradoiros de lectoescritura, actividades para maiores de 70 anos, risoterapia, smartphone e memoria, as programacións que promove a Concellaría de Igualdade e Benestar dende outono até agora.
Unha xornada para desfrutar entre compañeiras e compañeiros, con música e pinchos, onde puideron poñer o broche final a todos estes meses de aprendizaxe, autocoidado e socialización.