O mes de maio rematou na nosa localidade con moito movemento deportivo centrado na práctica baloncestística. O venres, 31 de maio, clausurouse a Escola Municipal de Básquet de Ares cun encontro de intercambio coa Escola de Fene ao que asistiu Alma Barrón, concelleira de Deportes, para a entrega de medallas aos xogadores participantes, como continuación do primeiro partido amigable que se xogou no pavillón da Xunqueira de San Valentín do Concello de Fene.
Con todo, xa en datas previas, ao longo do 28 de maio, promoveuse no pavillón polideportivo municipal outra xuntanza entre familias da Escola de Basquet aresá, unha maneira de interconectar aos pais e nais entre si e coas súas crianzas nunha xornada de convivencia e xogo.
Deporte para a mocidade de cara a instaurar hábitos saudables!