Un Numancia de Campións

Comparte esta nota de prensa

Boas novas nesta fin de semana para o fútbol aresán, pois toca parabenizar ao SDR Numancia de Ares por partida dobre. Despois de asegurar o seu ascenso, o equipo sénior levouse o Campionato de Liga, mais tamén os seus xuvenís lograron a Copa Ferrol xusto na tarde de onte.

A casa consistorial tinguiuse de vermello para celebrar estes éxitos deportivos que espallan o nome de Ares por Galicia adiante. Acompañandoos estivo Alma Barrón, concelleira de Deportes da vila.

Pódeche interesar