Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 07/05/2024, pola que se acordou efectuar convocatoria para a concesión de postos municipais no edificio do mercado municipal de Ares (POSTOS Nº3, 6, 7 e 8), faise pública dita aprobación e procédese á súa convocatoria, con arranxo ao seguinte prego.
En Ares a 7 de maio do 2024
O Alcalde,
Asdo: Julio Ignacio Iglesias Redondo
PREGO DE condicions para a CONCESIÓN DE POSTOS MUNICIPAIS NO EDIFICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE ARES (postos nº 3 nº 6, nº 7 e nº 8 )
Obxecto.
É obxecto das presentes bases regula-lo procedemento e o contido da concesión demanial para o uso privativo do posto 3, do posto 6, do posto 7 e do posto 8, vacantes no edificio de mercado municipal de Ares de 7,5 m2 aproximadamente, cada de un deles.
Estas bases, cos documentos que preceptivamente o integran, formará parte do contrato que no seu día se outorgue.
- Procedemento : Libre. Aberto
- Forma : Subasta
- Prazo : 10 anos ( 7 anos máis 3 de prorroga)
- Canon e Prezo mensual da concesión.
Cada posto será obxecto dun procedemento de solicitude e adxudicación independente.
Un mesmo solicitante non poderá resultar adxudicatario de máis dun posto.
As persoas solicitantes deberán indicar na solicitude a actividade que se pretende desenvolver no posto no caso de resultaren adxudicatarias, sempre relacionado coa actividade dos mercados municipais.
O canon que se establece é pola totalidade dos 10 anos de concesión (7 máis 3 de prorroga). O canon de partida é de 1.500 euros.
Así mesmo, a persoa adxudicataria da licitación de cada posto deberá abonar mensualmente o importe 30 €, en tanto no se aprobe a ordenanza municipal fiscal na que se inclúa a taxa mensual a abonar por estes postos ( importe que substituirá o aquí indicado ) e o recibo anual do lixo
Deberá contratar ao seu nome o subministro da enerxía eléctrica e auga e facer frente ás facturas emitidas polo mesmo ademáis de manter limpo o local e zona aledaña. Non obstante, namentres non se poida ter individualizados ambos subministros e poidan contratar os servizos directamente, circunstancia da que serán informados puntualmente, as persoas adxudicatarias deberán abonar tamén en concepto destes gastos por cada posto os seguintes importes:
Auga : 60 €/ ano
Luz : 118 €/ ano
O pago do canon pola persoa que resulte adxudicataria efectuarase no mes posterior á comunicación da resolución ou acordo da concesión, podendo facerse efectivo en calquera das entidades bancarias colaboradoras do Concello mediante calquera medio de pago admitido en Dereito.
En todo caso, o ingreso da cantidade sinalada será requisito inescusable para poder formaliza-lo documento da concesión. Así mesmo, a falta da formalización no prazo que se precisa nestas bases poderá supo-la resolución do contrato.
O pago da mensualidade deberá facerse cada mes entre o día 1 e o 5.
- Capacidade para contratar.
Están capacitados para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou dalgún dos países membros da Unión Europea, que teñan plena capacidade xurídica e acrediten solvencia técnica de acordo co sinalado nos presentes pregos, e non estean afectos por ningunha das circunstancias que enumera os arts. 70, 71 e 72 da Lei 9/2017, do 8 de novembro de Contratos do Sector Público en relación a prohibicións para contratar.
- Tipo de licitación.-
O tipo de licitación que satisfará o concesionario a este Concello será o ofertado na súa proposición económica, que en ningún caso poida ser inferior ó que se especifica no apartado 2, efectuándose o pagamento de conformidade co indicado no referido parágrafo.
- Garantía provisional
Dada as características da presente licitación non se esixe a presentación de garantía provisional, de acordo co establecido no artigo 106 da Lei 9/201 do 8 de novembro de Contratos do Sector Público.
- Exposición simultánea das Bases e do anuncio para a presentación de proposicións
Para maior garantía das persoas interesadas procederáse a exposición das presentes bases e do anuncio para a presentación de proposicións (de licitación), que se realizará en unidade de acto, podéndose presentar reclamacións contra as bases durante os 3 días hábiles seguintes publicación do anuncio
De producirse reclamacións ás bases non suspenderán o prazo para a presentación de proposicións e serán resoltas polo órgano de contratación. Non obstante, de producirse estimación das mesmas procederá, chegado o caso, a modificación das bases e a apertura de novo proceso de licitación.
Estas bases estarán expostas na páxina web do concello www.concellodeares.com.
- Presentación de proposicións: Lugar e prazo de presentación, formalidades e documentación
A.- Lugar e prazo de presentación.
As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, no horario de oficina de Luns a Venres O prazo de presentación será de DEZ DIAS naturais a contar dende a publicación do anuncio de licitación na páxina web do concello (www.concellodeares.com) e no Boletín Oficial da Provincia.
Tamén poderán presentarse proposicións por correo, neste caso o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na Oficina de Correos e anuncialo o mesmo día ó órgano de Contratación, por FAX ou correo electrónico, a remisión da proposición. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a proposición no caso en que se recibira fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.
As propostas dos interesados deberán axustarse ao previsto neste prego e a súa presentación suporá a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións.
As ofertas serán secretas e se arbitrarán os medios que garanten tal carácter ata o intre no que se proceda a súa apertura.
Cada licitador non poderá presentar máis de UNHA OFERTA para cada posto, sen prexuízo da admisión de variantes ou melloras cando se permita a súa presentación.
Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurar en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de tódalas propostas por el subscritas.
Non obstante, transcorridos 3 días desde a terminación do prazo de presentación, non será admitida ningunha proposición enviada por correo.
Unha vez remitida a proposición ou entregada, non poderá ser retirada salvo causa debidamente xustificada.
B.- Formalidades.‑ As proposicións constarán de dous sobres cerrados denominados A e B, coas inscricións e contendo a documentación que en cada un se sinala.
No interior de cada sobre, necesariamente, farase consta-lo seu contido en folla independente, a modo de índice, enunciándoo numéricamente.
- Sobre A, denominado de “Documentación Xeral“, expresará, xunto co nome, apelidos e Nif do licitador, enderezo e número de teléfono e correo electrónico, a inscrición de: “DOCUMENTACION XERAL PARA A CONCESIÓN DE POSTO Nº ____( indicar aquí o número de posto polo que opta) NO EDIFICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE ARES“, será asinado polo propio licitador e conterá a seguinte documentación:
a.1 Documento ou documentos que acrediten a personalidade do interesado e a representación, se é o caso, do asinante da proposición, consistentes en:
- Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade do licitador cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, tamén se esixirá fotocopia compulsada do D.N.I. de quen desempeñe a representación pública administrativa.
- Caso de persoas xurídicas precisarase da escritura de constitución e de modificación (se é o caso), debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando este requisito sexa esixible conforme á lexislación mercantil que sexa de aplicación. Se non o fora, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso no correspondente rexistro oficial. No suposto de empresarios non españois membros de estados comunitarios acreditarase a capacidade de obrar pola súa inscrición no rexistro precedente de acordo coa lexislación xurada ou un certificado , nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación
- Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar co informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular no ámbito territorial no que radique o domicilio da empresa.
a.2 Documento acreditativo de non estar incurso en prohibición de contratar que incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación, polo empresario adxudicatario. (Anexo II).
a.3 Alta na Seguridade Social como autónomo/a ou compromiso asinado (anexo III) da súa aportación en caso de resultar adxudicatario.
a.4 Carnet de manipulador de alimentos expedido pola autoridade competente.
a.5 NON OBRIGATORIO: No caso de ser alegadas:
* acreditación de estar incursa en circunstancias socieconómicas desfavorables : desemprego de longa duración ( + 2 anos ), familia monoparental, discapacidade, todos os membros da unidade familiar en situación de desemprego, fillos a cargo …
* compromiso de contratación de persoas empadroadas en Ares.
a.6 Descrición da actividade que se pretende desenvolver no posto no caso de resultar adxudicatario.
- Sobre B, denominado “DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE POSTO Nº ____( indicar aquí o número de posto polo que opta) NO EDIFICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE ARES “
Conterá a oferta económica, de conformidade co modelo anexo I ás presentes Bases.
ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
11 Criterios de valoración.
70 % da puntuación total: o mellor prezo que se ofreza polo posto, que en ningún caso poderá ser inferior ó establecido como cánon mínimo de licitación.
30% da puntuación total : circunstancias socioeconómicas alegadas polas persoas solicitantes
12 Mesa de Contratación.
A Mesa de Contratación estará integrada pola mesa xeral de contratación municipal
13 Cualificación documentación xeral
Concluído o prazo de presentación de proposicións, a Mesa de Contratación procederá en dous procedementos independientes (un para cada posto, comezando polo procedemento de adxudicación do posto nº 3 ) á cualificación previa da documentación xeral do sobre A en sesión non pública.
A mesa de contratación, de acordo coa lexislación vixente, poderá recabar dos licitadores aclaracións sobre os certificados ou documentos presentados para xustificación da súa capacidade, solvencia técnica e económica e ausencia de prohibicións para contratar, ou incluso pedirlle a presentación doutros complementarios.
Se a Mesa de Contratación observara defectos ou omisións subsanables na documentación presentada, concederá un prazo non superior a 3 días hábiles para que os licitadores os subsanen.
En todo caso, non procederá a apertura das proposicións presentadas ata que a Mesa decidise sobre as que fosen admitidas, unha vez transcorridos, de haberse requirido, os prazos anteriores para complemento, aclaración ou subsanación da documentación.
Do actuado deixarase constancia expresa na acta que ó efecto deberá de levantarse, na que, así mesmo, farase pronunciamento explícito sobre os empresarios admitidos á licitación, os rexeitados e as causas da súa exclusión.
14 Apertura de proposicións
Terá lugar en acto público, celebrado o 8º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para presentar proposicións.
Tal día, non obstante, poderá ser demorado para o suposto de requirirse aclaracións, complementos ou subsanacións da documentación presentada. Neste caso, o día de apertura de proposicións fixarase no taboleiro de anuncios do Concello cunha antelación de, cando menos, 2 días á súa celebración.
O acto comezará dando lectura ó anuncio da licitación, para seguir co reconto das proposicións presentadas, contrastadas coas certificacións emitidas polas oficinas receptoras. Tras elo, darase coñecemento ó público do número de proposicións presentadas e do nome dos licitadores, invitando ós licitadores a comprobar que os sobre presentados se atopan en iguais condicións nas que foron entregados.
A continuación, o Presidente dará conta do resultado da cualificación da documentación xeral presentada polos licitadores no sobre A, indicando os licitadores excluídos e as causas da súa exclusión.
Baixo ningún suposto admitiranse pola Mesa documentos que non fosen entregados durante o prazo de presentación de ofertas ou de correccións ou subsanacións que se outorgaran segundo o disposto nos presentes pregos.
A continuación, o secretario da mesa, procederá á apertura do sobre B, con exclusión dos correspondentes ás proposicións rexeitadas, que non poderán ser abertos, e dará lectura ás proposicións formuladas neles.
Aberto o sobre B, a mesa finalizará o acto público de apertura de proposicións, pasando a deliberar sobre os criterios avaliables segundo os pregos e podendo solicita-los informes ou asesoramentos que teña por convenientes.
A mesa, unha vez avaliados as propostas para a concesión presentadas polos licitadores, remitirá a acta, con proposta de adxudicación ó órgano competente para a contratación, que, tralos informes técnicos que estime procedentes e logo da comprobación de aportación pola empresa proposta do cumprimento das obrigas sinaladas na cláusula seguinte, adxudicará o contrato no prazo máximo de tres meses a contar desde a apertura das proposicións.
As proposicións non admitidas serán rexeitadas motivadamente.
A mesma persoa non poderá resultar adxudicataria de ambos os postos ofertados polo que, no procedemento de adxudicación do posto nº 6, teráse en conta que deberá excluirse, de ser o caso, á persoa solicitante que resultase adxudicataria do posto nº 3 e que optase tamén á adxudicación do posto 6.
A proposta de adxudicación feita pola Mesa de Contratación, non creará ningún dereito en favor do adxudicatario provisional fronte á Administración.
15 Proposta de Adxudicación.
REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN.-
O órgano de contratación requirirá ao licitador que presentase a oferta máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel no que se reciba o requirimento, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, Comunidade Autónoma e Concello de Ares, ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación dos mesmos, de dispoñer efectivamente dos medios que se houbese comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato conforme á lexislación vixente, e de ter constituído a garantía definitiva que sexa procedente.
16 Garantía definitiva
O que resulte adxudicatario do contrato deberá constituír unha garantía do 5% do importe da adxudicación
Esta garantía poderá presentarase en efectivo na conta designada polo concello.
A garantía non se devolverá ou cancelará ata que se produza o remate do prazo de garantía e cumprido satisfactoriamente o contrato.
17 Adxudicación
Recibida a documentación solicitada, o órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á da recepción da documentación. En ningún caso poderá declararse deserta unha licitación cando exista algunha oferta ou proposición que poida admitirse de acordo cos criterios que figuren no prego.
A adxudicación deberá motivarse e publicarase no perfil do contratante da páxina web (www.concellodeares.com) do concello e notificaráse ao adxudicatario.
Na notificación e no perfil do contratante indicarase o prazo no que se debe proceder á súa formalización.
18 Formalización do contrato.
Cumpridos os anteriores requisitos e acreditada a constitución da garantía definitiva, o Concello e o concesionario formalizarán o contrato de concesión en documento administrativo, dentro dos cinco días hábiles seguintes ó de notificación da adxudicación,
Nos casos de incumprimento das obrigas precisadas neste artigo e no anterior por parte da empresa proposta ou adxudicataria, o contrato poderá resolverse, de se-lo caso, e adxudicarase á seguinte oferta máis ventaxosa.
19 Gastos a cargo do adxudicatario
Serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos:
- Os preparatorios e de formalización do contrato. Incluídos os correspondentes ós anuncios públicos de concesión, de ser preceptivo.
Os tributos estatais, municipais e rexionais que deriven do contrato.
- Os de formalización pública do contrato de adxudicación, de ser o caso.
RÉXIME E EXTINCIÓN DO CONTRATO
- Obras e instalacións.
Poderán realizarse as obras de acondicionamento necesarias para a utilización do posto, así como as instalacións precisas para o exercicio da actividade pretendida. Non obstante, en todo caso precisarán obter de autorización previa municipal. Nin as obras nin as instalacións poderán supor alteracións da fisonomía ou estructura do posto.
21 Duración da concesión.
Fíxase no prazo máximo de 10 ANOS, ( 7 e tres máis de prórroga)
RÉXIME XURÍDICO
22 Prerrogativas da Administración
O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpreta-los contratos administrativos e resolve-las dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente, poderá modificar, por razóns de interese público, os contratos e acorda-la súa resolución e determina-los efectos desta, dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na lexislación contractual.
Os acordos que dicte o órgano de contratación, logo de informe da Asesoría Xurídica, no exercicio das súas prerrogativas de interpretación, modificación e resolución, serán inmediatamente executivos.
23 Lexislación aplicable
No non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto na Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público, e RD 1372/1986 polo que se aproba o Regulamento de bens das Entidades Locais, así como demais normativa aplicable á contratación local.
O concesionario someterase expresamente á devandita lexislación.
24 Xurisdicción competente
As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polos órganos de contratación; estas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía contencioso‑administrativa, a teor da lei de dita xurisdicción. Non obstante, os interesados poderán interpo-lo recurso potestativo de reposición previsto nos arts. 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedimento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Ares, 7 de maio do 2024
O ALCALDE
Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo