bando corte luz - 04.04.2024

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE

FAI SABER:

A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que os próximos días 8 de abril, de 02:00 a 04:00 horas, e 10 de abril, de 00:00 a 02:00 h. e de 02:00 a 04:00 h., co fin de realizar traballos de mantemento, mellora e desenvolvemento da rede eléctrica, procederán a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás  seguintes rúas ou lugares:

  • 8 DE ABRIL: BESOXO
  • 10 DE ABRIL: ARES – RÚA CONSISTORIO, RÚA CUPIDO, RÚA REAL, PRAZA DA IGREXA, URBANIZACIÓN PAPELLAS

O teléfono que proporcionan para aqueles que desexen calqueira aclaración ao respecto é 900 333 999.

Ares, 4 de abril de 2024

O alcalde,

Asdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo.