IV CONCURSO DE MICRORRELATOS DÍA DO LIBRO. 23 ABRIL 2024

BASES-IV Concurso de_Microrrelatos

Comparte este evento

Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o IV Concurso de escritura creativa de Microrrelatos. A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade.

O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre en galego a partires dunha das seguintes frases propostas.

A frase que elixades será o comezo do microrrelato.

FRASES

  • Toda a vila de Ares era un animal sedento de…
  • Senteime na última fila do autobús
  • Nunca vira tal cousa!
  • Pouco a pouco as rúas ían enchéndose de cor…
  • Case nin o vimos chegar!

BASES

  • O microrrelato terá a extensión limitada a 200 palabras.
  • Deberá levar obrigatoriamente un título.
  • O límite de envío do número de microrrelatos por participante será de dous, sempre e cando se cumpran os criterios establecidos nas bases.
  • O/a participante fará constar no mesmo o seu nome e apelidos, idade e curso así como un teléfono e correo electrónico de contacto.
  • Poderán participar mozos e mozas empadroadas en Ares e alumnado do CPI As Mirandas.
  • Os gañadores/as da pasada edición non poderán concursar a premio nesta convocatoria.

CATEGORÍAS

  • Categoría A: alumnado de primaria (4º, 5º e 6º)
  • Categoría B: alumnado de ESO

FORMA DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS

  • Por email aos correos:  tesmoitalingua@gmail.com  ou  cultura@concellodeares.com
  • Entrega no CPI As Mirandas ou na Biblioteca Municipal nos horarios habituais de apertura.
  • Prazos de entrega: dende o 2 de abril ao 15 de abril, ambos incluídos (hora límite: 19:30 h)
  • Haberá 1 gañador/a (premio: tablet ou ebook) e 1 finalista en cada categoría (lote de libros).
  • O xurado estará composto por profesorado do CPI as Mirandas e por unha persoa proposta pola Concellería de Cultura.
  • O acto de entrega de premios celebrarase o martes 23 de abril ás 18:30 h no salón de actos da Alianza Aresana.

Pódeche interesar...

Eventos

OS MAIOS EN ARES 2026

1 de maio no parque Rosalía de Castro. Dende as doce do mediodía comezaremos facendo os MAIOS. Podedes participar, facelo voso, traer tuia, piñeiro… Deseguido,

Eventos

Festividade de San Xosé Obreiro 2026

Data: 1 de maio de 2026 Lugar: Ares (A Coruña) Programa de Actividades 11:00 h – Pasarrúas A cargo do Grupo de Gaitas Trouleada. 19:00