JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE
FAI SABER:
A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que os próximos días 8 de abril, de 00:00 a 02:00 horas, e 9 de abril, de 00:00 a 02:00 h., co fin de realizar traballos de mantemento, mellora e desenvolvemento da rede eléctrica, procederán a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.
As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares:
- ARES: RÚA REAL, RÚA SAN ANTONIO
- CHANTEIRO: CAMIÑO DE CAMPELO E PRAIA DE CHANTEIRO
O teléfono que proporcionan para aqueles que desexen calquera aclaración ao respecto é 900 333 999.
Ares, 2 de abril de 2024
O alcalde,
Asdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo