O Concello Ares finaliza a intervención “PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCIÓN DE CAMINO DE SALGUEIRAS – CHANTEIRO – ARES” cun orzamento que ascende a 79.989,32 € (IVE Engadido) e financiada co Procedemento: Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).
A financiación outorgada por Turismo de Galicia ascende ao 90% do orzamento subvencionable da actuación presentada, chegando a subvención proposta a esta Entidade ao importe de 71.990,39 €, e recibida ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2023 da directora de Turismo de Galicia establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G) (DOG núm. 54, do 17 de marzo de 2023). A mencionada resolución foi modificada pola resolución do 11 de abril de 2023 (DOG núm. 72, do 14 de abril).
O proxecto plantexado por esta entidade “PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCIÓN DE CAMINO DE SALGUEIRAS – CHANTEIRO – ARES” encadrase na Liña 1: Transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, e que conta coa documentación esixida nas bases da convocatoria.
Como queda reflectido na descrición e xustificado coa intervención executada perséguense os seguintes
- Obxectivos:
- Transición verde e ecolóxica
- Rehabilitación do patrimonio do espazo natural singular da enseada de Chanteiro e a súa contorna.
- Recuperación do camiño verde orixinal como vehículo que fomentará a biodiversidade da zona.
- Conexión de dous importantes puntos de atracción turística e histórica.
- Creación dun novo roteiro por unha zona verde.
- Restauración ambiental e integración paisaxística da senda na súa contorna.
- Recuperación ambiental dun ecosistema perturbado por accións deportivas sen control.
A actuación realízase polo concello de maneira individual e dentro do marco de gastos seguintes:
- Man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións.
- Funcionamento dos servizos municipais, en concreto, a conservación de camiños municipais de importancia estratéxica.
Os obxectivos propios da intervención son:
- Protección do medio ambiente e do espazo natural, poñendo en valor camiños mixtos, para tráfico rodado e peonil, que comunican núcleos de poboación do concello.
O presente proxecto atende os criterios de:
- Recuperación de comunicacións internas a través de camiños mixtos.