A mocidade aresá experimentou esta mañá de primeira man como é desprazarse en cadeira de rodas, xusto como ten que facer calquera compañeiro ou compañeria con mobilidade reducida no seú día a día.
Trátase dunha actividade realizada polo Concello, no marco da iniciativa europea SPORURAL ERASMUS +, xunto coa colaboración do aresán Álvaro Illobre e a Asociación ADM Ferrol, adicada á inclusión de persoas con discapacidade na práctica de actividades físicas e deportivas.
Como é o desprazamento nunha cadeira de rodas? Que problemas inesperados se afrontan e que obstáculos aparecen no día a día? Son algunhas das preguntas que os mozos e mozas de 4º da ESO do CPI As Mirandas respostaron vivíndoo directamente esta mesma mañá, no marco dunha xornada de deporte inclusivo organizada pola Concellaría de Deportes na contorna do Porto.
Dende as 10:00 horas até pasado o mediodía, os rapaces e rapazas subíronse a unha cadeira de rodas e comprobaron de primeira man como é esa experiencia, xusto coma fai calquera compañeirou ou compañeira que teña esa necesidade para moverse dun lado a outro, mesmo sorteando os obstáculos que se poden presentar.
Todo isto cun obxectivo claro: fomentar a empatía e a comprensión das dificultades dunha persoa con mobilidade reducida, aprendendo a mirar a súa contorna doutro xeito máis inclusivo e aberto. A actividade estivo dirixida e coordinada pola Asociación ADM Ferrol, adicada á incorporación de persoas con discapacidade na práctica de actividades físicas e deportivas.
Tamén se contou coa presenza de Álvaro Illobre, que axudou na materialización da xornada. Esta iniciativa inscríbese no proxecto europeo SPORURAL ERASMUS +, un programa no que está a participar o Concello de Ares ao longo deste ano 2024.