Camilo Prieto Rivas, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, graduado en Fisioterapia e con múltiples especializacións en readaptacións funcionais deportivas, impartiu a charla “Maiores e Dor” e afondou nunha máxima fundamental: “A dor é necesaria, pero o sufrimento é opcional”.
A ponencia enmárcase dentro da Academia AresXSalud, unha iniciativa para achegar coñecemento á veciñanza en base á colaboración entre o Concello e a clínica maSSalud. De feito, este jueves, 15 de febreiro, ás 19:00 horas, a biblioteca municipal acollerá unha nova charla desta programación divulgativa: Xubilación, e agora que?
Ares, comprometido coa saúde das crianzas, dos maiores e do impacto positivo do deporte nas nosas vidas!