Dende esta fin de semana, a casa consistorial do municipio amosa unha cor verde e unha pancarta da Asociación Española contra el Cáncer en Ares para rendir homenaxe a todos os pacientes e familias que afrontan a enfermidade.
A través deste xesto simbólico, conmemórase o Día Mundial contra esta doenza que se organiza dende o ano 2000 cada 4 de febreiro, unha data para sensibilizar e lembrar o impacto do cancro na nosa sociedade.
#ConcellodeAres #DíaMundialcontraoCancro