Xuño, xullo e agosto foron os meses de maior actividade para a agrupación de voluntarios aresán, coma reflicte ou seu balance anual de actuacións feito público hoxe
O informe anual de operativos, presentado esta mesma mañá, desagrega o conxunto das diversas intervencións e servizos prestados polos voluntarios e voluntarias que conforman a agrupación local, abarcando o período comprendido entre xaneiro e decembro.
Entre as accións levadas a cabo atópase a implementación de dispositivos de seguridade nunha ampla gama de eventos, desde actividades deportivas ata culturais. Ademais, a unidade brindou apoio en accidentes de tráfico, operativos de rescate e situacións relacionadas con animais soltos.
Como se detalla no propio documento, Protección Civil realizou un total de 456 operativos desde xaneiro ata decembro, cifra que supera en máis dun centenar aos 353 que se levaron a cabo no 2022. Nesta cifra total, tamén se inclúen os 185 despregues non contabilizados polo propio 112.
Os 243 rexistros recompilados polo servizo do 112, xa incorporados no total de 456 operativos, permiten coñecer as mensualidades con maior número de emerxencias nas que participou o corpo de Protección Civil. Neste senso, xuño, xullo e agosto emerxen como os meses de máxima actividade, con 30, 28 e 37 intervencións respectivamente.
A maiores, o informe tamén recolle outras contribucións vencelladas á seguridade e o medio ambiente, entre as cales se destacan as 28 intervencións relacionadas coa retirada de niños de avespas velutinas na contorna municipal.