Desde onte, 27 de decembro, ata este venres 29, o pavillón polideportivo municipal é o escenario dunhas novas xornadas do Campus Chiquibásquet, unha iniciativa promovida por Chiqui Barros coa colaboración da área de Deportes do Concello.
Nesta ocasión, o campus preséntase na súa modalidade do Nadal para complementar a variada programación deportiva actual. Con todas as prazas ocupadas, os rapaces e rapazas de entre 5 e 21 anos participarán en actividades deseñadas para mellorar habilidades, fomentar a aprendizaxe e ofrecer adestramento, sen deixar de lado os aspectos máis lúdicos do baloncesto.
Desde as 10:00 ata as 13:00 horas, os mozos e mozas deportistas mergullaranse nunha experiencia que inclúe tanto a mellora de habilidades individuais como a dinámica de xogo en equipo.
Na mañá de onte, os participantes tiveron recibiron a visita do adestrador Jorge Varela, quen ofreceu unha sesión maxistral centrada en fundamentos e estratexias de contraataque!