A Xunta de Voceiros do Concello de Ares reunida no día de hoxe, mércores 13 de decembro acordou por unanimidade:
– Adherirse á resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas de data 10 de decembro de 2023, na que se recolle o seguinte:
“Expresando a súa grave preocupación pola situación humanitaria catastrófica na Franxa de Gaza e polo sufrimento da poboación civil palestina, e poñendo de relevo que é preciso protexer ás poboacións civís palestina e israelí conforme ao dereito internacional humanitario,
- Esixe un alto ao lume humanitario inmediato;
- Reitera a súa esixencia de que todas as partes cumpran as súas obrigacións en virtude do dereito internacional, incluído o dereito internacional humanitario, en particular respecto da protección dos civís;
- Esixe a liberación inmediata e incondicional de todos os reféns e que se garanta o acceso humanitario”
– Trasladar dita resolución ao próximo Pleno para aprobala como declaración institucional
– Convidar os veciños e veciñas a unha concentración pola paz o vindeiro martes 19 de decembro ás 12.00 horas, ás portas do Consistorio.