A Concellaría de Cultura de Ares anuncia a tradicional celebración de “Ilumina os teus Desexos”, o martes 5 de decembro ás 17:30 horas no Parque Rosalía. Esta actividade, que gañou popularidade ano tras ano, convida ás familias a reunirse xunto á árbore preto da ponte da Ciscada para colgar os seus mellores desexos para o 2024. Con tarxetas decoradas con mensaxes e ilusións, os máis pequenos da localidade darán vida a unha árbore que se converterá no epicentro luminoso do Nadal en Ares. Tras este acto, as luces do Nadal acenderanse, marcando así o inicio oficial da tempada festiva no municipio.

Notas de prensa
A Casa da Xuventude acollerá a exposición de pintura “Cousas de Nenos”, de Gloria López
O Concello de Ares, a través da Concellería de Cultura, organiza a exposición de pintura “Cousas de Nenos”, unha mostra da artista Gloria López que
