JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:

A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 29 de novembro, de 4:00 a 6:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás  seguintes rúas ou lugares:

  • ARES: RÚA OS ANXOS, PORTA DO SOL, RÚA REAL.

O teléfono que proporcionan para aqueles que desexen calqueira aclaración ao respecto é 900 333 999.

 

Ares, 27 de novembro de 2023

O alcalde,

Asdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo