Ares uniuse contra o cancro de mama!

Comparte esta nota de prensa

A veciñanza de Ares uniuse onte para formar unha cadea humana solidaria no paseo marítimo, seguida da lectura dun manifesto nas portas do Consistorio, coa presenza de membros da xunta local da AECC, o equipo de remo adaptado de As Sereas de As Mirandas e representantes municipais.

O obxectivo desta acción foi mostrar solidariedade cara ás persoas afectadas polo cancro de mama e as súas familias, ao mesmo tempo que se buscaba concienciar á sociedade sobre a importancia da investigación, a prevención e o diagnóstico temperán na loita contra esta enfermidade.

As imaxes e o vídeo que vos presentamos a continuación reflicten a unión e o compromiso da nosa localidade nesta causa tan importante.

Pódeche interesar