O acto de entrega de trofeos contou coa presenza de Alma Barrón, concelleira de Deportes do Concello de Ares, xunto Ángel Barreiro e José Manuel Naveiro, Presidente e Comodoro do Club.
As máximas honras recaeron en Pablo Cabelo e David Fernández do Real Club Náutico de Vigo, seguidos por Pedro Fernández e Carolina Iglesias do Real Club Náutico de Rodeira na segunda posición, e en terceiro lugar situáronse Ignacio Campos e Yolanda Bastos do Club Deportivo Alagua.
Esta cita destaca o papel do Club Náutico de Ares na organización de competicións de máximo nivel, congregando nas nosas augas aos mellores deportistas nesta especialidade.