As profesionais sanitarias do Centro de Saúde de Ares organizaron unha nova sesión formativa que se levará a cabo o vindeiro mércores 11 de outubro, ás 11:30 horas. Esta sesión estará centrada na bronquiolitis na poboación pediátrica e levará por título “Bronquiolitis: nova campaña de vacinación. Quen, cando e por que”.
A charla será impartida polas residentes de enfermería familiar e comunitaria, Iria López e Ana Valle, xunto coa enfermeira especialista en pediatría, Laura Piñeiro.
Se estás interesado/a na temática e queres aprender da man das expertas máis próximas a nós, podes inscribirte no mesmo mostrador do Centro de Saúde.