O Concello de Ares percibe unha axuda por importe de 39.971,74 € para a execución do proxecto “CAMIÑO ESCOLAR SEGURO: TREITO PASEO MARÍTIMO – RÚA REAL – C.E.I.P. AS MIRANDAS” cun importe que ascende a 48.365,81 € IVE Incluído), financiado ao amparo da Convocatoria de Axudas para a realización de accións destinadas á promoción de estilos de vida saudable a través da creación ou rehabilitación de contornas saudables no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia C18.I2.
Esta actuación obxecto de axuda, respectar o chamado principio de non causar un prexuízo significativo ao medioambiente (principio DNSH polas súas siglas en inglés, «Do Non Significant Harm»), en todas as súas fases, deseño, execución e xustificación, estando suxeitas ás disposicións europeas e nacionais que o regulan.
A execución do proxecto “CAMIÑO ESCOLAR SEGURO: TREITO PASEO MARÍTIMO – RÚA REAL – C.E.I.P. AS MIRANDAS” realizarase no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través do Real Decreto 1070/2021, de 4 decembro que instrumentaliza o apoio do Ministerio de Sanidade e da FEMP, a través do financiamento do instrumento Europeo de Recuperación «Next Generation EU».
Ares, 21 de novembro de 2022