A través desta iniciativa, tivemos o privilexio de presenciar a extraordinaria interpretación da Capella Sancta Maria, baixo a dirección do coruñés Enrique López-Cortón. Os asistentes gozaron dun concerto único, tiveron a oportunidade de explorar os recunchos do noso histórico cenobio e, sen requirir coñecementos musicais previos, mergulláronse na beleza das composicións medievais e renacentistas. Como colofón, todos uníronse para interpretar unha emotiva Cantiga de Santa María nun coro improvisado. Foi unha xornada completa!!!

Notas de prensa
Ares entrega o premio do Concurso de Deseño de Logotipo da súa Mesa de Saúde Local
O vindeiro venres, 17 de abril, ás 20:00 h., a Mesa de Saúde Local promove o acto de entrega do premio do seu concurso de









