O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Igualdade e Benestar, o “ConciliAres”, culminou as súas actividades onte, marcando o peche do mes de agosto

Comparte esta nota de prensa

Durante todo o verán, os participantes levaron a cabo unha variada programación que incluíu desde excursións a contornas naturais locais ata xogos participativos e talleres artísticos. En esencia, todo un xullo e agosto marcado pola diversión, a exploración e a aprendizaxe, xunto á posibilidade de que as familias puidesen conciliar as súas responsabilidades laborais co coidado dos máis pequenos!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.