SendAres 2024 Asturias

Comparte este evento

INSCRICIÓNS

  • Empadroados/as: do 13 de maio ao 15 de maio, ambas ás 18:00 h.
  • Non empadroados/as: do 15 de maio ás 18:00 h. en adiante.

NORMATIVA DO PROGRAMA

Convócanse 34 prazas para toda a saída por Asturias, estando dirixidas para calquera persoa maior de 16 anos. No caso de menores de idade deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable que se comunicará no momento da inscrición.

Para formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (https://concellodeares.com/) e premer en SendAres 2023/2024 (enlace inscrición SendAres Asturias); desta maneira enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio, así como a listaxe de agarda.

Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. O prezo é de 90 € por participante e leva incluído os servizos de guía, seguros, transporte e aloxamento dunha noite no albergue El Congreso de Villaviciosa (con almorzo incluído, así como sábanas e toallas).

Os desprazamentos serán sempre en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente. Partirase da Praza da Igrexa de Ares.

Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal para as dúas xornadas. Igualmente faise necesario dispoñer de calzado e roupa adecuada.

Pódeche interesar...

Eventos

Bases Programa ConciliAres

INSCRICIÓNS CONCILIARES 2024: https://forms.gle/7Zt96RmXbqFp4XVC9 INTRODUCIÓN: Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito