VeraneAres Deportivos 2024

Comparte este evento

CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN

Nenas e nenos de 6 a 12 anos (Poderán tomar parte só os nenos e nenas con 6 anos ou que os cumpran no ano 2024).

Convócanse 50 prazas.

De luns a venres, de 10 a 13h. no pavillón deportivo municipal e espazos exteriores da vila (parques, prazas, praia).

Prezos:

  • QUINCENAIS: 33,16€ (empadroad@s) e 55,25€(non empadroad@s).
  • MENSUAIS: 60,77€ (empadroad@s) e 104,98€(non empadroad@s).

(No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar aplicarase un desconto dun 25% na segunda e sucesivas inscricións).

XOGOS NAS PARROQUIAS

De 4 anos a 9 anos de idade. 12 prazas por parroquia.

CERVÁS: martes e xoves de 11 a 13h. na pista do CIRS de Cervás.

CHANTEIRO: luns e mércores de 11 a 13h. na pista do CCOuteiro de Chanteiro.

REDES: martes e xoves de 11 a 13h. Na Instructiva de Caamouco e contorna.

Prezos:

  • QUINCENAIS: 15,67€ (empadroad@s) e 33,15€(non empadroad@s).
  • MENSUAIS: 27,63€ (empadroad@s) e 60,77€(non empadroad@s).

(No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar aplicarase un desconto dun 25% na segunda e sucesivas inscricións).

XUVENTUDE VERÁN ACTIVO: VeraneAres 2024

O programa inclúe actividades como padelsurf, kaiak, jiu-jitsu, grappling, voleipraia, padel, tenis de mesa e danzas urbanas.

Para a rapazada de 12 A 16 ANOS (Poderán tomar parte con 12 anos cumpridos ou que os cumpran no ano 2024).

De luns a venres, de 11 a 13h. En distintos espazos según as actividades a desenvolver na xornada e que serán comunicadas antes do comezo das actividades a cada participante en forma de planing quincenal. (As actividades de kaiak e padelsurf serná sempre no Club Marítimo de Redes).

12 prazas por quincena.

Prezos: 50 € empadroad@s e 80 €/mes non empadroad@s). Inclúe os materiais para as distintas actividades. (No caso de dúas ou máis inscricións por núcleo familiar aplicarase un desconto dun 25% na segunda e sucesivas inscricións).

INFORMACIÓN ADICIONAL, TRÁMITES E INSCRICIÓNS

Tres quendas ou quincenas: A primeira quenda do 1 ao 15 de xullo, a segunda quenda do 16 ao 31 de xullo e a terceira do 1 ao 14 de agosto. Existe a posibilidade no momento da inscrición, de apuntarse a un mes completo, previo pago por adiantado do importe. Non se reservarán inscricións dunha quincena para a outra, sendo preciso inscribirse formalmente nos períodos dispostos.

Información e inscricións, a través da web https://concellodeares.com/, no apartado VeraneARES Deportivo 2024, onde se poderá descargar o formulario de inscricións e facer a solicitude oficial. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición, ata esgotar as prazas, da forma que segue:

  • Empadroad@s, ou nen@s con titores empadroad@s: Do 10 ao 16 de xuño (ambos inclusive).
  • Non empadroad@s: Do 17 de xuño en adiante.

Procedemento de pago: Unha vez confirmada a dispoñibilidade de praza, haberá un período de pagamento que será efectuado por transferencia bancaria nun número de conta destinado ao efecto que se lle comunicará xunto coa aceptación da solicitude de participación. IMPORTANTE: Indicar no concepto do ingreso: O nome do participante, quenda ou mes no que vai a asistir, e actividade na que tomará parte.

Equipo e material recomendado: equipamento deportivo: pantalón curto, suadoiro, camiseta, calcetíns, zapatillas de deporte, toalla. Protección solar.

No caso de que os participantes cheguen por libre á actividade ou marchen eles sós, deberán comunicalo previamente ós responsábeis no momento da inscrición, cubrindo unha autorización ó efecto. Nos demáis casos a persoa que leve ou recolla aos nenos identificarase ós monitores.

MÓVETE VERANEARES 2024

ZUMBA ARES

Ven, e móvete con nós!. DE BALDE.

Todos os xoves durante o mes de xullo e primeira quincena de agosto, de 20,30 a 21,30, na Praza da Constitución.

Sen límite de prazas. Inscricións por xornada, mediante solicitude de participación, ata as 11 h do día anterior á actividade, chamando ao teléfono da OMIX: 981448057 ou inscribíndose na Alianza Aresana (de luns a venres de 9 a 13 horas).

BAILES LATINOS

Ven, e móvete con nós!. DE BALDE.

Todos os martes durante o mes de xullo e primeira quincena de agosto, de 20,30 a 21,30, na Praza da Constitución.

Sen límite de prazas. Inscricións por xornada, mediante solicitude de participación, ata as 11 h do día anterior á actividade, chamando ao teléfono da OMIX: 981448057 ou inscribíndose na Alianza Aresana (de luns a venres de 9 a 13 horas).

A ligazón para inscribirse no XUVENTUDE VERÁN ACTIVO VERANEARES DEPORTIVO 2024 é a seguinte: XUVENTUDE VERÁN ACTIVO VERANEARES DEPORTIVO 2024 (google.com)

A ligazón para inscribirse no CAMPAMENTO DEPORTIVO URBANO VERANEARES DEPORTIVO 2024 é a seguinte: CAMPAMENTO DEPORTIVO URBANO VERANEARES DEPORTIVO 2024 (google.com)

A ligazón para inscribirse no XOGOS NAS PARROQUIAS VERANEARES DEPORTIVO 2024 é a seguinte: XOGOS NAS PARROQUIAS VERANEARES DEPORTIVO 2024 (google.com)

Pódeche interesar...

Avisos

Actividades de verán: Casa da Xuventude

Nos meses de xullo e agosto, a Casa da Xuventude acollerá competicións de tenis de mesa, futbolín, e-sports, xogos en rede e billar, mais tamén