Hoxe, xoves 10 de agosto, a partir das 22:00 horas, realizarase o pase do filme que pechará este evento convertido nun clásico do verán no noso municipio.
Nesta ocasión será a quenda da comedia familiar “Cuñados”, na que Eduardo e o seu cuñado Sabonis vense inmersos nunha historia chea de enredos, situacións cómicas e un secuestro que cambiará as súas vidas de formas inesperadas.
A iniciativa, organizada polo Concello en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, realizarase na Praza da Constitución de Ares.
Non faltes a esta última aventura cinematográfica do verán!