As persoas interesadas dispoñen de 8 días hábiles para solicitar a inscrición dende a publicación no BOP da convocatoria.
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, en colaboración coa Deputación da Coruña, convoca un curso de socorristas co obxecto de garantir a seguridade das praias e piscinas, mellorando a calidade turística do territorio e ofrecendo unha oportunidade profesional para as persoas interesadas nesta ocupación.
A novidade é que, debido ao cambio na normativa, o curso redúcese a 120 horas, en contraste coas 420 horas que até agora era preciso dedicar a esta formación. Polo tanto, o curso, que se impartirá nas fins de semana entre setembro e decembro de 2023, resultará moito máis asequible para as persoas que teñan que compatibilizar esta formación con outros estudos ou obrigas profesionais e familiares.
Para máis detalles sobre os requisitos e procedementos, as persoas interesadas poden consultar as bases na seguinte ligazón:
https://comarcaferrolterra.wordpress.com/taboleiro-de-anuncios/