O Club de Remo e o Concello presentan o Campionato Galego de Traiñeiras

Comparte esta nota de prensa

O evento deportivo, organizado pola Federación Galega de Taiñeiras e o Club de Remo de Ares, coa colaboración do Concello, celebrarase este martes, 25 de xullo , ás 11:30 horas, e congrerará a 17 clubs de toda Galicia ‐10 na categoría masculina e 7 na feminina‐ o que converte ao Campionato nunha cita imperdible para os afeccionados

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; a concelleira de Deportes, Alma Barrón; o secretario do Club de Remo da localidade, José Montero “Peli”; xunto a representante de Federación Galega de Taiñeiras, Paloma Carpente Iglesias; presentaron esta mesma mañá no consistorio o XL Campionato Galego de Traiñeiras masculinas e o X Campionato Galego de Traiñeiras femininas , un evento deportivo que chegará á vila mañá, martes 25 de xullo, a partir das 11:30 horas, e que encherá a ría aresá de embarcacións e ambiente remeiro no marco do Campionato Galego de Traiñeiras.

Alma Barrón, responsable da área municipal de Deportes, animou a que “tanto nenos como adultos acudan ao peirao durante a mañá deste martes, porque é unha xornada especial para gozar do campionato de traiñeiras con 17 clubs de toda Galicia que chegarán ao municipio”. Alma Barrón añadiu que “agardamos que a meteoroloxía sexa favorable para desfrutalo por todo o alto”.

Por parte do Club de Remo de Ares, o seu secretario José Montero resaltou que “é unha excelente ocasión para que toda a afición acuda ao paseo marítimo e anime aos nosos remeiros e remeiras, para celebrar o seu esforzo e o traballo extraordinario que están a realizar”.

Nese sentido, a regata non só será unha competición, senón tamén unha festa na que o municipio de Ares vestirase de azul e os seareiros poderán expresar a súa forma especial de vivir o remo.

Pódeche interesar