Quedan poucos días para visitar a exposición de pintura de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude!

Comparte esta nota de prensa

Baixo o título “Escolma de pintura dun tempo”, a mostra recolle unha selección de obras que nos permitirán admirar o talento e a evolución artística de Casteleiro nos últimos dez anos.

A exposición conta con pinturas ao óleo, entre elas unha obra da “Presentación da Virxe”, realizada para a Igrexa de San José de Ares, reproducións de grandes clásicos coa visión satírica do autor e, ademais, unha serie de retratos que amosan o dominio do artista nesta disciplina.

Non esquezas que a exposición estará aberta ao público ata este venres 28 de xullo, con horario de visita de 9 a 14 horas.

Pódeche interesar