O Centro Cultural Outeiro celebrou o sábado o XXX concurso de pesca deportiva

Comparte esta nota de prensa

O pasado sábado os aficionados á pesca tiveron unha cita no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, quen organizou a trixésima edición do concurso de pesca deportiva, que serviu tamén para render homenaxe a “Lolo do Outeiro” e a Andrés Pedre. A competición levouse a cabo no areal de Chanteiro, desde as sete da mañá ata as dúas da tarde.

Os premiados, en función da calidade das pezas, o número de capturas, peso da maior peza ou o peso total, recibiron os galardóns ás oito da tarde, na sede da agrupación. Por parte do Concello asistiu a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, quen participou no acto de entrega de agasallos.

Pódeche interesar