Nesta ocasión, ao redor de vinte persoas participaron nesta actividade.
Cabe lembrar que as clases de baile latino son gratuítas, e se levan a cabo todos os martes durante os meses de xullo e agosto, desde as 20:30 ata as 21:30 horas, na Praza da Constitución.
Para asistir, é necesario realizar unha inscrición por cada xornada, antes das 11:00 horas do día anterior á actividade, chamando ao número de teléfono 981 448 057. O horario de atención para as inscricións é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
Ademais, desde o Departamento de Deportes, tamén se destaca que as clases de baile latino compleméntanse con sesións de zumba, que levan a cabo todos os xoves de xullo e agosto. Para participar nas clases de zumba, o proceso de inscrición segue o mesmo método, a través dunha chamada telefónica.