Este venres a praia urbana de Ares acollerá un festival de danza!

Comparte esta nota de prensa

A praia de Ares acollerá o vindeiro venres, día 14, a partires das 19:30 horas, unha exhibición de baile que organiza CompArte Ecola de Música, coa colaboración da área de Cultura municipal.

Trátase dunha actuación ao aire libre, concretamente no tramo de praia ao carón do posto de socorrismo, a cargo das alumnas de CompArte Escola de Música, que conta con integrantes de todas as idades e que deleitarán ao público con bailes de distintas modalidades, como hip hop, contemporáneo ou danza moderna.

A iniciativa pretende potenciar unha actividade que en Ares ten unha destacada e exitosa presenza.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña