A estación de recollida e devolución de bicicletas será a caseta turística da vila, e estará operativa ata outubro
Esta iniciativa, promovida pola área de Deportes do Concello, busca promover o uso de alternativas de mobilidade no municipio durante os meses de verán.
As bicicletas pódense recoller e devolver no posto de turismo en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. As tarifas do aluguer son de 2,60 euros por persoa a media xornada e de 4,16 euros a xornada completa. Ademais, establecéronse tarifas especiais para grupos de tres ou máis persoas, cun custo de 1,56 euros a media xornada e de 3,12 euros polo aluguer do día completo.
A Concellaría de Deportes, que se encarga do mantemento e posta en marcha deste servizo, tamén ofrecerá diversos complementos opcionais, como cadeiras para nenos, cascos e cestas portátiles, que se facilitarán aos usuarios