Durante as xornadas do 14 e 15 de xullo, en horario de tarde, Ares converterase no epicentro do evento dedicado á fotografía, con charlas e presentacións sobre imaxes diúrnas e nocturnas.
O Congreso LEA de Ares ofrecerá aos participantes unha visión xeral da fotografía, incluíndo a iluminación de ruínas, técnicas como a astrofotografía ou o light painting (pintura de luz), da man dun nutrido grupo de expertos que expoñerán os seus coñecementos na materia a través de varios relatorios.
Entre os participantes deste ano atópanse Inma Carrión, Daniel Viñe, Alfredo Madrigal, Sfhir, Oliver Fay e David Araujo, entre outros.
A Asociación de Fotografía de Ferrolterra, organizadora do Congreso, puxo ao dispor o correo electrónico afferrolterra@gmail.com e o número de teléfono 698 165 665 para obter máis información.
Se desexas inscribirte, podes facelo a través da seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdjsyFV6oGI_E8qxP3VFFRsGINSYmFPJZGQLXsqpLXpNyz6vQ/viewform
A continuación, atoparás a programación completa do evento!