XII MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN ARES 2023

Comparte este evento

O VINDEIRO DOMINGO 9  DE XULLO DE 2023 (ENTRE AS 9:00 E AS 21:00 H) LEVAREMOS A CABO O XII MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN –CONCELLO DE ARES, DESTINADO Á VENDA DE ARTIGOS DE ESTAS CATEGORÍAS.

NA FEIRA PÓDESE, INTERCAMBIAR, MERCAR OU VENDER: XOGUETES, LIBROS, PELÍCULAS, MATERIAL DE COLECCIONISMO, ROUPA, CALZADO, BISUTERÍA DE SEGUNDA MAN E OUTROS ARTIGOS DE ARTESANÍA QUE SE CONSIDEREN DE INTERESE.

É UN MERCADO VECIÑAL DE PRODUTOS DE SEGUNDA MAN E ARTESANÍA

NON SE PERMITIRÁ A VENDA DE NINGÚN TIPO DE ALIMENTO OU COMIDA

1.- QUEN PODE POÑER UN POSTO?

  • PARTICULARES EN XERAL ( non se poderá vender nesta categoría máis dun 30 % de produto novo agás os feitos a man como actividade de entretemento, nunca con carácter comercial )
  • ASOCIACIÓNS E SOCIEDADES DOMICILIADAS NA VILA (RESERVARÁNSE 10 POSTOS)
  • PROFESIONAIS (MÁXIMO 20 POSTOS)

2.- QUE NECESITO?

CADA ADXUDICATARIO DEBE LEVAR TODO O NECESARIO PARA MONTAR O SEU POSTO, E SERÁ RESPONSABLE DESTE.

EN TODO CASO ASUME DEIXAR O ESPAZO CEDIDO NO MESMO ESTADO DE LIMPEZA NO QUE O ATOPOU (EN CASO CONTRARIO PERDERÁ O DEREITO A PARTICIPAR O ANO SEGUINTE).

3.- ONDE E ATA CANDO PODO SOLICITAR O POSTO?

AS INSCRICIÓNS LEVARÁNSE A CABO OS SEGUINTES DÍAS NA BIBILIOTECA MUNICIPAL (ALIANZAS ARESANAS – RÚA MARÍA 11  ):

  • O 26 (a partir das 10:00) E O  27  DE XUÑO : SOLICITANTES EMPADROADOS NO CONCELLO DE ARES.
  • DO 29 DE XUÑO ATA ESGOTAR PRAZAS:  SOLICITANTES NON EMPADROADOS NO CONCELLO DE ARES.

A ADXUDICACIÓN, TRAS COMPROBAR QUE SE CUMPREN TODOS OS REQUISITOS, EFECTUARÁSE POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN ATA REMATAR OS POSTOS.

AS SOLICITUDES FARANSE PERSOALMENTE, EN NINGÚN CASO SE PODERÁN FACER POR VÍA TELEMÁTICA, WHATSAPP OU TELEFÓNICA.

4.- CANTOS POSTOS PODEMOS SOLICITAR?

PODERASE SOLICITAR UN POSTO POR PERSOA.

CADA PARTICIPANTE DISPÓN DUNHA SUPERFICIE DE EXPOSICIÓN DE 3 METROS LINEAIS, (LIMITANDOSE O FONDO A 3 METROS MÁXIMO),

NO CASO DE ASOCIACIÓNS E SOCIEDADES DOMICILIADAS NA VILA, SE XUSTIFICAN A NECESIDADE DE MÁIS DE 3 M LINEAIS PARA EXPOÑER OS SEUS PRODUTOS, PODERÁN OBTER AUTORIZACIÓN PARA DOUS POSTOS.

A SOLICITUDE DEBERÁ PRESENTALA A PERSOA RESPONSABLE DO POSTO OU AUTORIZADO (neste caso debe achegar autorización asinada por ambos e copia do DNI de autorizado  )

Cada persoa só poder ser autorizada para solicitar 1 posto máis o seu propio.

5.- CÓMO SOLICITAR O POSTO?

  • CUBRIR A SOLICITUDE DE RESERVA DE POSTO QUE PODERÁ OBTER NA BIBLIOTECA OU DESCARGAR DA WEB MUNICIPAL EN ENTREGALA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL.
  • FACER O PAGAMENTO NO MOMENTO DA INSCRICIÓN ( debe achegar importe exacto )

NON SE ACEPTARÁ A ENTREGA DE NINGUNHA SOLICITUDE QUE NON VEÑA COMPLETA (DATOS, SINATURA, AUTORIZACION DE SER O CASO E XUSTIFICACIÓN DE PAGAMENTO)

  • NO CASO DE NON PODER ASISTIR O DÍA DO MERCADO, EN NINGÚN CASO SE DEVOLVERÁ O IMPORTE.

6.- ONDE SE VAI SITUAR O MERCADO?

AO LONGO DE TODO O PASEO MARÍTIMO (DENDE A CAFETERÍA “O GAITEIRO” ATA  O PEZ ROJO.

7.- CUSTO DE CADA POSTO?

 5€, AGÁS ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO E ONG.

O NÚMERO TOTAL DE POSTOS É DE 120.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN:

  • O DÍA DO MERCADO (9 DE XULLO) OS POSTOS TERÁN QUE QUEDAR MONTADOS CON SUFICIENTE ANTELACIÓN POLA MAÑÁ CEDO, DE TAL XEITO QUE ÁS NOVE DA MAÑÁ O PASEO TEN QUE QUEDAR LIBRE DE VEHÍCULOS.
  • SE AS 10:00 H DA MAÑÁ O TITULAR NON TIVERA MONTADO O POSTO, A ORGANIZACIÓN PODERÁ FACER USO DO MESMO.
  • SE ALGÚN DOS USUARIOS QUE TEÑEN POSTO AXUDICADO, NON TIVERA PREVISTO ASISTIR, DEBERÁ COMUNICARLLO Á ORGANIZACIÓN COMO MÁXIMO ANTES DO XOVES, 6 DE XULLO ÁS 12:00H.  En caso contrario, perderá o dereito  a participar no Mercado ao ano seguinte.
  • PERMITIRÁSE O PASO DE VEHÍCULOS O TEMPO SUFICIENTE PARA BAIXAR A MERCANCÍA , DESPOIS HABERÁ QUE RETIRALOS A UN LUGAR AXEITADO.
  • CHEGADO O VENRES 7 DE XULLO , DE EXISTIREN PRAZAS VACANTES NALGUNHA DAS MODALIDADES DO PUNTO 1, PODERÁN SER CUBERTAS POLAS SOLICITUDES QUE FIGUREN NA LISTAXE DE AGARDA DAS OUTRAS DÚAS.
  • A ORGANIZACIÓN RESÈRVASE O DEREITO A INTERPRETAR AS PRESENTES BASES NO CASO DE DÚBIDA OU CONFLITO.
  • OS SOLICITANTES, COA PRESENTACIÓN DA SÚA SOLICITUDE, ACEPTAN AS PRESENTES BASES E OBRÍGANSE A CUMPLILAS.
  • Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste mercado. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo cultura@concellodeares.com ou vía postal a Av Saavedra Meneses 12 15624 Ares .

 

Información:

  • Biblioteca municipal (Rúa  María 11)
  • Teléfono: 981448057
  • Inscricións: Biblioteca municipal (Rúa  María 11)

Normativa:

Solicitudes:

 

Pódeche interesar...

Eventos

Samaín na Biblioteca

‘Unha biblioteca de medo’ é o nome que recibe a busca de pistas que se promoverá a vindeira semana en tres quendas distintas. Trátase dunha aproximación dos pequenos e

Eventos

Academia AresxSaúde

A Academia AresxSaúde coa coa seguinte relación de charlas.   8de NOVEMBRO, 19h. Antonio Rial Boubeta (Psicólogo): “Como promover un uso saudable, seguro e responsable