O sábado 3 de xuño, o mercado acollerá unha actuación do grupo de gaitas Aresán para dinamizar o consumo durante a xornada.
Con esta iniciativa o Concello de Ares pretende animar aos veciños e veciñas a facer as súas compras no mercado municipal, onde atoparán produtos frescos, de calidade e da nosa contorna, favorecendo así a produción de proximidade e a economía local.