Un ano máis, os concellos de Ares e Mugardos organizan unha seria de actividades para desfrutar durante todo o día. A romaría desenvolverase ao longo da xornada e incluirá a tradicional misa en honra á Virxe da Mercé, ás 12:00 horas. Ademais, ao rematar o acto relixioso os asistentes poderán deleitarse co reparto de empanadas e bebidas mentres desfrutas da actuación do Grupo de Gaitas Aresán.
Si desexas participar e non queres preocuparte polo transporte, fletáronse autobuses que percorrerán os dous municipios. Os autobuses partirán ás 10:30 horas da mañá e realizarán paradas en distintos puntos de Ares e Mugardos. Haberá viaxes de regreso ás 14:00 horas e ás 19:00 horas.