“Sporural”, o nome que recibe a iniciativa, está integrada polo Concello aresán, dous entidades deportivas —Crosskovacsi Sport, de Hungría, e EAS CYCLADES, de Grecia— e a asociación cultural coruñesa INNOdxt.
Ao longo do día de onte e tamén na xornada de hoxe, representantes de todas as organizacións visitan Ares para coñecer a vila, a súa infraestrutura deportiva e as posibilidades que ofrece á hora de programar actividades na natureza.
Unir medioambiente, novas tecnoloxías e deporte: esa é a máxima que está detrás de Sporural, o proxecto europeo que encabeza o Concello de Ares no marco do programa Erasmus Deportivo e que conta coa intervención doutros tres axentes: a asociación cultural INNOdxt, tamén da provincia da Coruña, o club húngaro de actividades na natureza orientado a BTT, Crosskovacsi Sport, e a entidade de atletismo de Mykonos, en Grecia, EAS CYCLADES, con fonda tradición no deseño de carreiras de orientación e trails de montaña.
Os catro axentes que integran Sporural encóntranse dende onte na vila de Ares nunhas xornadas destinadas a formalizar os primeiros contactos, o intercambio teórico e o deseño dos primeros estudos para desenvolver actividades na contorna municipal. Esa é, en esencia, a primeira parte dun proxecto que contará con 2 fases máis e que se estenderá até finais de 2023.
Durante a axenda destes dous días, os representantes das entidades e os coordinadores do Concello presentaron a páxina web da iniciativa, sporural.concellodeares.com, e as súas canles dixitais; realizaron varios faladoiros sobre a posta en marcha de futuras actividades e a xestión da súa información; visitaron o consistorio para coñecer ás autoridades municipais e exploraron a contorna natural de Ares para ver a súa potencialidade deportiva a través da natureza.
Un estudo para coñecer os recursos deportivos de AresO equipo técnico da Concellaría de Deportes comezou xa ao longo deste mes a sentar as bases teóricas do proxecto de Sporural. Para iso, realizouse unha enquisa, xa en aberto, que debulla os recursos humanos e a infraestrutura deportiva do Concello de Ares poñéndoo en comparativa con tres administracións da contorna.
Por unha banda, o estudo extraeu información de Mugardos e Fene pola súa similitude: presenta entornos deportivos asociados ao mar e tamén ten unha demografía semellante á de Ares. Pola outra, efectuouse a enquisa en Monfero polo seu perfil diverxente tanto en poboación coma en espazos naturais, coa posibilidade de facer deporte en río ou montaña.
Coa información recabada, confirmáronse as posibilidades de realizar actividade física na contorna natural tanto de Ares coma dos concellos limítrofes, pero tamén se comprobou que contan coa suficiente capacidade técnica como para organizar eventos co foco posto en aumentar as programacións deportivas en áreas rurais.
PRÓXIMAS FASES: Execución de actividades accesibles a toda a veciñanza e evaluación do materializadoUnha vez finalice a fase 1, Sporural implementará actividades que hibridarán deporte, medioambiente e innovación tecnolóxica, no marco da súa fase 2; realizaranse na ría ou nas áreas rurais de Ares, pero incorporarán tecnoloxías que calquera persoa pode ter ó seu alcance nun teléfono móbil ou smartwatch co obxectivo de democratizalas e difundilas. Ademais, traballarase para que sexan eventos accesibles.
A última fase do proxecto suporá a evaluación do executado polos 4 axentes involucrados, facendo un balance dos puntos fortes e febles das actividades e as posibilidades de mellora nun futuro.