Nun marco espectacular —a cociña do Mosteiro de Santa Catalina—, o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; a presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, Celsa Formoso, e Rita Peinado, autora do limiar da obra, presentaron durante a xornada do sábado a reedición de En la falda de la Bailadora, publicada polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña.

Comparte esta nota de prensa

O volume, escrito polo finado veciño Carlos Rodríguez Cartelle, permite recuperar parte da historia de Ares; aquela que fala dos espazos, das paisaxes, das festas, dos patróns, da gastronomía característica da nosa localidade… Unha historia do pobo aresán que sae á luz e que se pon a disposición da veciñanza coma unha mostra do esforzo para a recuperación da memoria do municipio que realiza o Concello.

En la falda de la Bailadora está dispoñible para préstamo na biblioteca municipal da vila e tamén se atopa accesible na súa versión dixital (formato PDF) na seguinte ligazón: http://cabidodemontefaro.com/en-la-falda-de-la-bailadora/

Pódeche interesar