O certame promovido pola área de Cultura regresou onte á vila para achegar a mellor mostra de música coral da localidade a través das actuacións do coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula e a escola de música Laura Morgade. Cada un achegou o seu particular repertorio de cancións populares de Nadal!
O acto, conducido pola edil de Cultura, Alma Barrón, contou tamén coa presenza das concelleiras Victoria Montenegro e Lucía Blanco, que entregaron placas conmemorativas a cada grupo que participou desta undécima edición do Festival de Panxoliñas.