Mañá, sábado 17, despois da homenaxe ós deportistas locais Cristian Carnero Solís e Óscar Fernández Allegue (11:00 h. na casa consistorial), poderás achegarte ata o pavillón polideportivo municipal (12:00 h.) para ver as exhibicións que teñen preparadas dende a Escola Comp-Arte no seu Festival de Nadal de Danza Moderna. A entrada é libre!
O domingo, 18 de decembro, a xornada arranca coa tradicional Carreira Popular Mugardos-Ares-Mugardos. 10 quilómetros dunha proba deportiva xa consolidada na nosa contorna e que ten a súa saída ás 11:00 horas dende o pavillón polideportivo mugardés do Cristo.
Xa pola tarde dominical, na Igrexa de San Xosé de Ares (18:30 horas) tes unha mostra da mellor música coral de Ares, coa participación de agrupacións coma o coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula ou a escola de música Laura Morgade.