Dúas xornadas para entender a sintomatoloxía do alzhéimer e outras demencias, mais tamén os seus tratamentos, alteracións de comportamento… Ou mesmo aprender boas prácticas sobre posicionamentos na cama, a hixiene postural ou as mobilizacións dos coidados. Estes serán os eixos do que se falará nas formacións que se programan dende a Concellaría de Igualdade e Benestar e AFAL Ferrolterra para o próximo mércores, 16 de marzo, e xoves, 17.
Dende as 16.30 ata as 18.30 horas, Julia Cabanas, psicóloga, e Natividad Criado, terapeuta ocupacional, achegarán prácticas desexables e coñecemento a toda a persoa que o desexe na biblioteca municipal de Ares. Se estás interesado/a, en acudir lembramos que aínda estás a tempo de reservar a túa praza contactando vía telefónica co 981 448 354!