Os escolares do CPI As Mirandas veñen de traballar tanto na aula como no patio contidos relacionados coa pesca local: tipos de embarcacións, diferentes técnicas de extracción do peixe, crustáceos e cefalópodos, especies que se capturan nas inmediacións
O eido litoral de ambos municipios cobra especial relevancia no marco desta iniciativa compartida que tamén achega á rapazada unha ampla fotografía das profesións mariñeiras en Ares. Aquí embaixo podes ver (e identificar) algún dos peixes cos que estivo traballando a rapazada nos obradoiros de sensibilización