O edificio no que se atopa a biblioteca municipal de Ares transformouse nun lugar algo máis escuro do normal para acoller o buscapistas terrorífico do Samaín, unha iniciativa inscrita dentro da programación cultural do Concello para estes días.
Tanto nenos e nenas de 3 a 6 anos coma os de 7 a 11 percorreron a Alianza Aresana na procura de pistas. Tamén hoxe se achegarán a un contacontos tematizado do Samaín e, xa mañá, toda a familia poderá desfrutar das súas castañas asadas, inchables, concursos de cabazas…
Lembra que esta festa se organizará na Praza da Constitución (17:00 horas) ou, se a climatoloxía non acompaña, na pista cuberta do CPI As Mirandas.